Aberto o concurso de cartaces para a XLVI Feira do Viño de Amandi

Imaxe de arquivo do pregón da pasdada edición da Feira do Viño de Amandi.

O Concello convocou o concurso de deseño gráfico para seleccionar o cartel anunciador da XLVI Feira do Viño de Amandi, que terá lugar do 27 ao 29 de marzo de 2026. Poderán participar persoas de calquera idade con obras en formato A3 e técnica libre, entregadas en soporte ríxido, e só se permitirá un cartel por autor. Fican excluídas aquelas persoas que xa recibiran o premio en dúas ocasións para favorecer a participación de novos creadores. Os deseños deben reflectir o espírito da feira, o sector vitivinícola e o patrimonio local. A entrega poderá facerse na Casa do Concello ou por correo postal ata o 1 de febreiro, en horario de 10:00 a 14:00 horas. O xurado, integrado por especialistas, resolverá o fallo dez días despois do peche e outorgará 800 euros ao gañador, que deberá facilitar unha copia dixital do cartel con todos os logos institucionais para a súa publicación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sober enche as rúas de Nadal entre música, beléns e xogos

Seguinte Nova

Rafa Centeno será o pregoeiro da XLVI Feira do Viño de Amandi

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss