BNG insiste en que Tomé debe deixar todos os seus cargos

Ana Pontón sitúa no PSOE a responsabilidade de aclarar o caso e defende o apoio ás mulleres que denuncian

Pontón denuncia a dobre vara de medir dun PP que amparou un conselleiro denunciado por agresión sexual e que ameaza con deixar sen protección as vítimas de violencia machista. Foto BNG.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reiterou que José Tomé debe abandonar todas as súas responsabilidades institucionais tras as acusacións de acoso sexual coñecidas nos últimos días.
Pontón reafirmou tamén o compromiso do BNG co apoio ás mulleres vítimas de violencia machista e destacou a importancia de acompañar a quen decide denunciar, especialmente cando o presunto agresor ocupa unha posición de poder. Advertiu de que dar ese paso non é doado e defendeu que as organizacións políticas deben situarse sempre ao lado das vítimas, con independencia da súa cor política.
Pola súa parte, dende o BNG de Monforte expresaron a súa preocupación pola situación política e institucional aberta. Para os nacionalistas, a gravidade das informacións coñecidas sitúa á cidade nun escenario de especial delicadeza que require respostas claras e coherentes.
Desde o Bloque lembran que, sen prexuízo da presunción de inocencia, existen principios básicos de responsabilidade pública que deben rexer a actuación de calquera cargo electo. Nese sentido, consideran politicamente incomprensible que Tomé renunciase á Presidencia da Deputación de Lugo e, ao mesmo tempo, pretenda continuar á fronte da Alcaldía de Monforte. O BNG subliña que o propio rexedor reclamou dimisións inmediatas noutros casos similares, polo que entende que a coherencia institucional non pode aplicarse de maneira selectiva.
A formación nacionalista amosa tamén a súa inquietude pola decisión do grupo municipal socialista de manter o apoio a Tomé, mesmo tras causar baixa no propio partido. Ao seu xuízo, esta postura transmite unha mensaxe contraditoria á cidadanía, xa que resulta incompatible defender publicamente ás vítimas e, á vez, soster politicamente a quen evita asumir responsabilidades.
En relación co anuncio de Esperta Monforte sobre unha posible moción de censura, o Bloque cualifícaa de inviable ao non existir maioría suficiente e considera que esa vía suporía descargar de responsabilidade ao goberno municipal.
A formación non descarta estudar outros mecanismos, pero insiste en que calquera decisión se adoptará con responsabilidade. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Esperta Monforte pide a dimisión de Tomé como alcalde e abre a porta a unha moción de censura

Seguinte Nova

O PP esixe explicacións e responsabilidades políticas logo das novas informacións sobre o caso Tomé

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss