Bóveda contará cun novo espazo deportivo e de lecer co apoio da Xunta de Galicia

A directora xeral de Administración Local e o delegado territorial da Xunta deron a coñecer as obras previstas para mellorar as instalacións deportivas municipais. Foto GPXG.

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou Bóveda para coñecer o proxecto Punto Deporte Río Mao, que transformará a contorna do río nun espazo de referencia para o deporte e o lecer activo. A iniciativa, impulsada polo Concello co apoio da Xunta, contará cun investimento autonómico superior aos 284.000 euros, a metade do orzamento total. O plan inclúe a creación dunha piscina natural, circuíto de pump track, rocódromo, parque infantil de iniciación á escalada e pistas de volei-praia e pádel. “Este proxecto facilita a práctica deportiva e pon en valor o patrimonio natural, dinamizando turismo e economía local”, destacou Prieto. Ademais, subliñou que esta liña de axudas busca impulsar actuacións que transcenden o ámbito municipal e fomentan sectores como o deporte, o turismo e o medio ambiente. Este ano financian 19 iniciativas en Galicia cun total de 8,5 millóns de euros, e para 2026 prevese aumentar a dotación ata os 10 millóns.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Xosé Gago presenta o seu primeiro poemario en Trasmonte

Seguinte Nova

A Asociación Veciñal do Saviñao pide unha ordenanza contra árbores pirófitas

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss