Chantada énchese de luz e espírito de Nadal nas rúas e prazas da vila

Decoración, lecer familiar e propostas culturais protagonizan as festas de Nadal destes días. Foto GPCCH.

Chantada amosa xa o ambiente do Nadal cun amplo despregamento de iluminación e unha programación pensada para todos os públicos. As prazas e rúas principais da vila contan con novos elementos decorativos, entre eles a gran árbore da Praza de Galicia, zonas habilitadas para fotografías e figuras luminosas repartidas por distintos puntos. O tradicional Poboado de Nadal, elaborado con materiais reutilizados, recrea escenas da vila e inclúe animais, casas temáticas e espazos de lecer infantil. A decoración complétase coa iluminación de áreas como a Alameda, pontes e accesos á localidade, así como cun carrusel instalado diante do Auditorio Municipal. A programación continúa con propostas culturais e actividades dirixidas á infancia e ás familias.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sarria prepara máis de trinta actividades para celebrar o Nadal

Seguinte Nova

Novo vial mellora a conexión interna no Polígono dos Acivros de Chantada

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir aInicio

Don't Miss