
Esperta Monforte reclamou a dimisión inmediata de José Tomé como alcalde e concelleiro de Monforte tras as informacións coñecidas sobre denuncias por un presunto caso de acoso sexual. A formación considera incoherente que, despois do seu relevo como presidente da Deputación e da retirada de responsabilidades orgánicas no PSOE, non se lle esixa tamén abandonar os cargos municipais.
Critícase ademais o respaldo dos concelleiros socialistas de Monforte á continuidade de Tomé á fronte do Concello, unha postura que, ao seu xuízo, transmite unha mensaxe de desprezo cara ás posibles vítimas e xera un deterioro da confianza cidadá nas institucións locais.
A agrupación advertiu de que, no caso de non producirse a dimisión, valorará a presentación dunha moción de censura para comprobar se o grupo socialista mantén de maneira efectiva o seu apoio ao alcalde. Paralelamente, o concelleiro de Esperta Monforte Jaime Germán Vázquez rexistrou unha moción para o seu debate no pleno municipal, na que se solicita tamén a dimisión da concelleira de Igualdade pola falta de actuación ante este caso. A iniciativa inclúe reforzar a política de tolerancia cero fronte ao acoso sexual, revisar os protocolos municipais existentes.•



