Monforte acolle a II Calasancio Cup con equipos de Galicia, Asturias, Castilla y León e Portugal

Foto GPCM.

Monforte de Lemos converterase en punto de encontro do fútbol infantil sub-14 do noroeste peninsular coa celebración da segunda edición da Calasancio Cup, organizada polo CP Calasancio coa colaboración do Concello. O torneo desenvolverase en dúas xornadas, o 27 de decembro e o 3 de xaneiro, nas instalacións Álex Blanco, Luis Bodegas e A Pinguela, e reunirá equipos de Galicia, Asturias, Castilla y León e Portugal, segundo explicaron na presentación oficial a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, e o presidente do club, Juan Carlos Díaz.
A primeira xornada, o 27 de decembro, servirá como fase previa con 12 equipos e arredor de 250 deportistas que competirán por unha praza na fase final. Participarán conxuntos como CP Calasancio B, ED Calasancio, ED Val Miñor B, CD Calasanz B, CA Arteixo, Pabellón Promesas, ADC Sagrado Corazón, Rayo 21 CF, Ural CF B, EF Lalín, EDC Barbadás e AD Piringalla. “O formato asegura intensidade, igualdade e emoción desde o primeiro partido”, sinalou Díaz.
A fase final, programada para o 3 de xaneiro, concentrará 20 equipos e arredor de 500 deportistas e técnicos, o que xunto co acompañamento familiar supera as mil persoas na cidade. Nesta fase competirán equipos de canteiras de primeira división como RC Deportivo de La Coruña, RC Celta de Vigo, SC Braga, Vitória Guimarães SC, Famalicão FC, Real Oviedo, CD Lugo, SD Ponferradina, Racing de Ferrol, Pontevedra CF, CD Covadonga, CD Calasanz, ED Val Miñor, Conxo Santiago, Ural CF, Pabellón Ourense CF, San Tirso SD e AJ Lérez, campión da primeira edición.
Gloria Prada subliñou que o apoio do Concello se reflicte na cesión de espazos deportivos e trofeos, e permite situar a Monforte “nun lugar destacado dentro do fútbol base”, ao tempo que impulsa a proxección e dinamización económica da cidade durante as vacacións de Nadal. Díaz destacou que a participación de equipos de alto nivel garante unha competición de grande calidade e un escaparate do talento sub-14 no noroeste peninsular.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ismael Rodríguez ,prata no Campionato de España de Cros

Seguinte Nova

Dimisións, manifesto feminista e xestora en Lugo: o PSdeG vive unha das súas semanas máis críticas

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss