Monforte acorda o traspaso da Unidade de Drogodependencias ao Sergas

O Pleno municipal aprobou por unanimidade dos presentes, PSOE, BNG e ESPERTA MONFORTE, a integración do servizo no sistema sanitario galego. Foto GPCM.

O Concello de Monforte aprobou en sesión plenaria extraordinaria o traspaso da Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) ao Servizo Galego de Saúde, no marco do acordo alcanzado na Comisión Mixta Xunta-Fegamp. A decisión permite que este recurso pase a depender directamente do Sergas, dando resposta a unha demanda compartida por trece concellos galegos que viñan asumindo competencias sanitarias impropias.
No caso de Monforte, a UAD municipal presta atención non só á veciñanza do municipio, senón tamén a usuarios doutros concellos do sur da provincia de Lugo e da comarca de Valdeorras, na provincia de Ourense. A unidade atende así unha ampla área territorial, consolidándose como un servizo de referencia no ámbito da atención ás drogodependencias.
O acordo aprobado contempla o traspaso íntegro dos servizos, do persoal e dos medios materiais. A UAD conta actualmente con catro traballadores con praza fixa —directora-enfermeira, educadora, traballadora social e auxiliar administrativo— ademais dunha psicóloga interina, así como tres postos vacantes incluídos no proceso. A integración garante a continuidade asistencial e a estabilidade laboral do persoal.
Tamén se inclúe no traspaso a cesión do contrato de arrendamento do local situado na Praza da Estación, propiedade de ADIF, que pasará a ser xestionado polo Sergas. Desde o Concello salientan que esta medida permite reforzar a coordinación sanitaria e asegurar a prestación do servizo dentro do sistema público galego de saúde.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte asegura 7,9 millóns de euros para a terceira fase do saneamento integral

Seguinte Nova

Vía Romana recibe o premio “Del Viajar” polo seu enoturismo na Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre SAÚDE

Ir aInicio

Don't Miss