
Monforte de Lemos acolleu a apertura dun novo espazo expositivo no Museo do Ferrocarril de Galicia, acto que serviu tamén para celebrar a reunión ordinaria do Padroado, na que se aprobou o orzamento para 2026, que se sitúa arredor dos 200.000 euros. A Xunta mantense como principal fonte de financiamento, xunto ás Deputacións de Lugo e Ourense e o Concello de Monforte. Durante o acto destacouse a progresión de visitantes que experimentou o Museo nos últimos anos. O novo espazo recolle elementos históricos do ferrocarril e homenaxea aos profesionais do sector, con pezas como os mobles da antiga oficina do ferroviario Amancio Ortega, pai do fundador de Inditex traballou un tempo no depósito de vapor de Monforte, trasladándose máis tarde a Coruña, onde se xubilou. O Museo ofrece unha colección completa de locomotoras de vapor, diésel e eléctricas, así como coches de pasaxeiros e vagóns de carga do século XIX e XX, permitindo aos visitantes un percorrido polas evolucións tecnolóxicas e sociais do ferrocarril galego.•



