
Chantada vén de abrir un novo vial no Polígono dos Acivros que enlaza as fases 1 e 2 e mellora a mobilidade interna do parque empresarial. A actuación permitiu transformar un antigo camiño de terra nunha vía urbanizada, con rede de saneamento e capa de aglomerado, preparada para a futura execución de beirarrúas. O proxecto, cun investimento de 150.000 euros, facilita o acceso a tres parcelas da primeira fase xa adxudicadas, nas que está prevista a próxima implantación de empresas.•



