
Con motivo do Día Internacional do Voluntariado, o centro organizou unha xornada de sensibilización na que participaron varias entidades locais do terceiro sector, como Albores Saúde Mental, Cáritas ou Prodeme. Os estudantes puideron coñecer a Lei 45/2015, explorar oportunidades de voluntariado na contorna e escoitar testemuños de persoas voluntarias, achegando experiencias inspiradoras e promovendo o compromiso social e a participación activa do alumnado.



