Pantón estreará un Mercado de Nadal nunha completa programación familiar para estas Festas

O Concello de Pantón presentou a programación de Nadal, na que se combina unha oferta tradicional de actividades culturais con novidades pensadas para toda a familia. Entre as propostas destaca a celebración do I Mercado de Nadal, que terá lugar os días 3 e 4 de xaneiro na Praza do Concello, aínda que en caso de condicións meteorolóxicas adversas trasladarase ao Pavillón Municipal. O horario do mercado será de 11:00 a 19:00 horas, e a asignación dos postos realizarase o día 3 ás 8:00 horas. Poderán participar profesionais vinculados á artesanía, alimentación, decoración, xoguetes, antigüidades e outros produtos relacionados co espírito destas Festas. Os postos deberán contar co material necesario para a súa montaxe, mentres que o Concello facilitará servizos básicos como iluminación e seguridade durante o peche. As solicitudes deberán presentarse antes do 26 de decembro, acompañadas de memoria fotográfica do produto, copia do DNI e último recibo de autónomo. Os admitidos serán notificados por correo electrónico e mediante publicación no taboleiro municipal.

CONCURSOS DE POSTAIS DE NADAL E DE BELÉNS
Ademais do mercado, Pantón mantén os concursos habituais de Postais de Nadal e de Beléns, cuxo prazo permanecerá aberto ata o 20 de decembro, así como a exposición de macrofotografía “Comidas de Nadal” na Casa da Cultura durante todo o mes. O sábado 13 celebrouse un obradoiro infantil de Nadal, mentres que o 2 de xaneiro o Pavillón Municipal acollerá as actividades de Infantilandia de 17:00 a 20:00 horas.

A programación culminará co Festival de Reis o 5 de xaneiro na Praza do Concello, que incluirá recepción das Súas Maxestades ás 18:00 horas no salón de actos do edificio sociocultural. Desde a administración local animan á veciñanza a participar nas distintas propostas, facendo fincapé no carácter festivo, cultural e familiar das actividades, e deséxanlles unhas felices festas a todos os veciños e veciñas de Pantón.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Chantada acondiciona a contorna da igrexa de Santa María de Nogueira de Miño

Seguinte Nova

O Concello cede a parcela para o novo centro de saúde de Pantón

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir aInicio

Don't Miss