Quiroga prepara un Mercado de Nadal para impulsar o comercio e a artesanía locais

O Concello de Quiroga volverá celebrar o Mercado de Nadal para dinamizar o comercio de proximidade e a artesanía. A Praza de España acollerá a cita o sábado 27 e o domingo 28 de decembro, con horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00, baixo unha carpa con postos e actividades para público familiar. O obxectivo é ofrecer un espazo de compra e lecer antes de Reis e reforzar a vida económica local. Participarán 16 expositores; entre eles, Etna, Xobel, Libraría Celia, Aramel, Caurelor, Riomao Estudio Creativo, Trapalladas Artesanía, Hery Cremas, Shadewolf, A Rabuda, Elgoal, Queixería Cumbres de Trevinca, Katoka Flowers, Crepería, Feito con Love e Serendipia. Para achegar os oficios á cativada haberá dous obradoiros infantís gratuítos: o sábado 27, ás 16.30, decoración con pintura en pezas impresas en 3D con motivos de Nadal; e o domingo 28, ás 16.30, elaboración de guirlandas con materiais sinxelos. Ademais, habilitarase un espazo de xogo infantil e celebrarase un sorteo dunha Cesta de Nadal ás 18.30, impulsado pola asociación de comerciantes. A programación incorpora tradición e demostracións en vivo. O Apalpador visitará Quiroga o sábado de 12.00 a 14.00 cunha ruada coincidindo coa feira de decembro e rematará na carpa contando historias. O domingo, no mesmo tramo horario, Artesanía Armaior ofrecerá unha mostra de torneado de madeira de oliveira, explicando o proceso de creación de utensilios de cociña. A música terá presenza o domingo 28 coa charanga tradicional PÁNDEGA, que realizará un pasarrúas e animará a carpa entre as 12.00 e as 14.00. O Concello procura combinar venda, divulgación e lecer nun único espazo e favorecer a participación de familias da comarca. O Mercado de Nadal está promovido polo Concello de Quiroga, co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Centro de Artesanía e Deseño, e coa colaboración da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel. A iniciativa aspira a consolidarse como encontro anual para artesáns e negocios da zona, impulsando a compra responsable e o consumo de proximidade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Rafa Centeno será o pregoeiro da XLVI Feira do Viño de Amandi

Seguinte Nova

A Seara, elixida pola revista Viajar como o pobo máis bonito da provincia

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir aInicio

Don't Miss