Ribeira Sacra Next reforza a información empresarial con novos talleres formativos

Foto Arquivo.

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next mantén o seu labor de apoio ao tecido empresarial da comarca con accións formativas e informativas. Esta semana celebrou no Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos, un taller sobre subvencións para empresas galegas en 2026, impartido por PROX Consultores. Durante a sesión analizáronse axudas ligadas ao investimento, ao emprendemento, ao emprego, ao turismo e á dixitalización, con espazo para resolver dúbidas e favorecer o contacto entre asistentes. A actividade foi gratuíta e en modalidade mixta. A entidade prepara para xaneiro un foro de emprendemento feminino aberto ao empresariado local.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta reforza o apoio ao traballo autónomo como piar do emprego en Galicia

Seguinte Nova

O Club Lemos segue enpostos de promoción

Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO

Ir aInicio

Don't Miss