Unha exposición amosa os traballos realizados nos obradoiros municipais de pintura

A exposición amosa os traballos realizados nos obradoiros municipais de pintura. Foto GPCCH.

A Casa da Cultura de Chantada exhibe ata o 12 de xaneiro unha mostra cos traballos realizados polo alumnado do Programa de Pintura impulsado pola Concellaría de Servizos Sociais. A iniciativa reúne máis de medio cento de persoas maiores de sesenta e cinco anos que participan nos cursos de pintura en óleo e pintura en tea, impartidos semanalmente en horario de tarde. A exposición permite coñecer o resultado de tres meses de aprendizaxe, con pezas elaboradas sobre distintos soportes, como lenzos, teas, bolsos, camisetas, coxíns ou manteis, ademais de cadros con variados motivos decorativos. Os participantes, maioritariamente mulleres, destacan o valor destas actividades como espazo creativo e de encontro. A mostra pode visitarse en horario de mañá e tarde de luns a venres e tamén os sábados pola mañá.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Novo vial mellora a conexión interna no Polígono dos Acivros de Chantada

Seguinte Nova

Chantada acondiciona a contorna da igrexa de Santa María de Nogueira de Miño

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss