
Foto LAR.
A bodega Vía Romana foi galardoada co premio “Del Viajar” na celebración do duodécimo aniversario da revista La Alacena Roja, nunha gala que reuniu aos principais actores do turismo e da gastronomía galega. O recoñecemento, decidido por votación mixta entre lectores e xurado profesional, sitúa á firma chantadina como referente do enoturismo en Galicia. A categoría contou con tres finalistas: Vía Romana, o Festival de Cans e o servizo de buses lanzadeira da Ribeira Sacra. Juan Luis Méndez, CEO da bodega, recolleu o galardón e destacou: “Este premio é un recoñecemento ao traballo de todo o equipo e a quen nos visita para descubrir a nosa forma de entender o viño e a Ribeira Sacra”. Actualmente, Vía Romana recibe máis de 6.000 visitantes ao ano e ofrece experiencias que van desde rutas polo viñedo ata vivencias de vendima.•





