
O analista de datos do Basquet Girona, Fran Camba, explicou aos estudantes do centro como as Matemáticas permiten predicir resultados e mellorar o rendemento no xogo. Tamén organizou un pequeno concurso con agasallo do club, amosando a conexión entre teoría e práctica deportiva.



