A Deputación abre o prazo do Coñece a túa Provincia con máis de 3.000 prazas gratis

As entidades sen ánimo de lucro poden solicitar desde este domingo unha das 44 rutas polos concellos lucenses

Mantéñense as 44 rutas polos 67 concellos da provincia.
Foto ARQUIVO.

A Deputación de Lugo abriu esta semana o prazo para participar nunha nova edición do programa Coñece a túa Provincia, unha iniciativa de viaxes gratuítas que nesta convocatoria ofrece máis de 3.000 prazas. O período para presentar solicitudes estará aberto ata o día 16 de xaneiro.
O programa mantén a súa estrutura habitual con 44 rutas distribuídas polos 67 concellos da provincia e incorpora tamén sete itinerarios accesibles, pensados especificamente para colectivos de persoas con discapacidade física. Como novidade, nesta edición priorizaranse aquelas entidades que non participaron en convocatorias anteriores, que poderán solicitar entre 15 e 23 prazas por excursión.
Coñece a túa Provincia está dirixido a asociacións e entidades sen ánimo de lucro legalmente constituídas e con sede na provincia de Lugo. A concesión das prazas realizarase por orde de entrada ata completar a oferta dispoñible.
As excursións inclúen transporte de ida e volta, seguro de viaxeiros, xantar, servizo de guía oficial e visitas a distintos recursos turísticos da provincia.
O programa conta cun orzamento superior aos 200.000 euros e busca fomentar o turismo de proximidade e dinamizar a economía local.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Ribeira Sacra gaña visibilidade en Fitur como destino clave do modelo turístico galego

Seguinte Nova

A Ribeira Sacra intégrase na rede estatal de ecoturismo para reforzar o seu modelo sostible

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss