A Xunta lanza unha nova liña de axudas para reforzar servizos básicos en zonas rurais

O programa, dotado con 5 millóns de euros, busca rapoiar a fixación de poboación no medio rural galego. Foto aldea de Froxán, declarada ben de interese cultural.

A Consellería do Medio Rural vén de publicar no Diario Oficial de Galicia unha convocatoria de axudas orientada á prestación de servizos básicos locais nas zonas rurais, cun orzamento de 5 millóns de euros dentro do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027. A iniciativa pretende contribuír á recuperación demográfica e á mellora das condicións de vida nas áreas menos poboadas de Galicia, promovendo proxectos que impulsen a actividade económica e reforcen a oferta de servizos municipais e comunitarios.
Poderán acceder ás subvencións todos os concellos galegos que presenten propostas en zonas rurais, excluíndose as parroquias densamente poboadas identificadas polo Instituto Galego de Estatística, situadas nas sete cidades galegas e noutros municipios como Culleredo, Narón, Oleiros, Barbadás e Poio. Os proxectos deberán centrarse na mellora de infraestruturas e servizos básicos, incluíndo a modernización de redes de alumeado, rehabilitación de instalacións públicas e deportivas, restauración do patrimonio local, así como o reforzo de servizos asistenciais e culturais que incrementen a calidade de vida da poboación residente.
Entre os investimentos subvencionables atópanse a construción e adquisición de inmobles, a mellora de espazos e instalacións, así como a compra de maquinaria e bens de equipo necesarios para o funcionamento dos servizos. Cada proxecto poderá recibir unha subvención equivalente ao total dos gastos aprobados, cun límite máximo de 100.000 euros por iniciativa, co obxectivo de garantir a eficacia e o impacto directo das actuacións nas comunidades rurais de Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Nova convocatoria de formación para persoas desempregadas 2026-2027

Seguinte Nova

Monforte vive unha intensa polémica política logo da continuidade de José Tomé como alcalde

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss