
O pasado decembro, Chantada alertouse por un intenso cheiro a gasóleo, o que motivou a intervención inmediata do Concello. Policía Local e Seprona, detectaron un vertido nun aliviadoiro que baixa por Xoán XXIII desde a Praza de Santa Ana, onde conflúen varios regatos. O alcalde, Manuel Lorenzo Varela, indicou que a fuga foi pequena e, segundo a información dispoñible, non afectará á flora nin á fauna do río. Participaron tamén técnicos da Confederación Hidrográfica. “En canto tivemos coñecemento comunicámosllo aos organismos implicados, que de seguido comezaron a traballar. Ás 12:00h estaba asinando un convenio de colaboración co presidente da Confederación para dotar de máis fondos á canalización dos regatos pluviais”, explicou. A investigación trata de sabero punto exacto da fuga.•





