Galicia pecha 2025 cun mínimo histórico de paro e récord de afiliacións en decembro

O número de persoas desempregadas baixa en todas as provincias e sectores, mentres a Seguridade Social acada o mellor dato para este mes desde que hai rexistros. Foto EV.

Galicia rematou o ano 2025 cos mellores datos da serie histórica nun mes de decembro tanto en desemprego como en afiliacións á Seguridade Social. Ao peche do ano contabilizáronse 112.031 persoas inscritas nas oficinas de emprego, a cifra máis baixa rexistrada nun mes de decembro desde 1996. No mesmo período, o número de cotizantes situouse en 1.097.288, o que supón tamén o mellor dato de afiliacións para este mes desde o inicio da serie en 2004.
En comparación con decembro de 2024, o paro reduciuse en 6.807 persoas, unha caída interanual do 5,73 %. O descenso foi xeralizado, tanto a nivel territorial como sectorial, con baixadas nas catro provincias e en todos os ámbitos de actividade. O sector primario encabezou a redución porcentual do desemprego, seguido da construción, da industria e dos servizos.
Os datos tamén reflicten unha evolución positiva nos colectivos considerados prioritarios polas políticas de emprego. O número de mulleres desempregadas, de persoas menores de 30 anos e de parados de longa duración sitúase no nivel máis baixo dun mes de decembro desde que existen rexistros comparables. No caso das mulleres, o descenso anual foi superior ás tres mil persoas, mentres que entre os parados de longa duración a redución superou as catro mil.
No ámbito da afiliación, Galicia sumou 17.715 cotizantes máis que hai un ano, cun incremento do 1,64 % .
Estas cifras foron valoradas pola Xunta como un reflexo da evolución positiva do mercado laboral galego ao longo do último ano.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Mellora a situación económica dos fogares galegos ao peche de 2025

Seguinte Nova

Monforte acolle a primeira reunión do Clube de Emprendemento Ribeira Sacra 2026

Últimas noticias sobre EMPREGO

Ir aInicio

Don't Miss