
O IES A Pinguela felicita a Jesús Ledo Cores, exalumno dos ciclos superiores de Administración e Finanzas e de Asistencia á Dirección, tras recibir o Premio Extraordinario de Formación Profesional 2023/24 que concede a Xunta de Galicia. Este galardón distingue o seu esforzo e excelente rendemento académico, situándoo como o mellor estudante de Galicia na familia profesional de Administración. O centro valorou o recoñecemento como un exemplo de dedicación e motivación para toda a comunidade educativa.•



