Mellora a situación económica dos fogares galegos ao peche de 2025

Máis da metade das familias chega con facilidade a fin de mes, aínda que a confianza do consumidor baixa lixeiramente no último trimestre

Os fogares galegos pecharon o ano 2025 cunha evolución máis favorable da súa situación económica en comparación co mesmo período do ano anterior, segundo os datos da Enquisa Conxuntural de Fogares do Instituto Galego de Estatística, correspondente ao cuarto trimestre. O estudo recolle que o 56,9 % das familias chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes, o que supón un incremento do 5,7 % nun ano e o mellor rexistro dos últimos dous exercicios.
De xeito paralelo, a porcentaxe de fogares que declara ter dificultades para afrontar os gastos mensuais situouse no 37 %, o nivel máis baixo dos últimos oito trimestres, cun descenso de catro puntos respecto a finais de 2024. Tamén se reduciu de maneira significativa o número de familias que chegan a fin de mes con moita dificultade, cunha baixada superior ao 20 %, así como aquelas que non puideron permitirse ningún gasto extraordinario, que pasaron do 21,3 % ao 18,8 %.
A enquisa reflicte ademais cambios nas expectativas a curto prazo. Nos tres meses seguintes á recollida dos datos, o 41,5 % dos fogares prevé aforrar algo de cartos, mentres que máis do 60 % contempla realizar algún gasto adicional en alimentación. Tamén destaca que o 65,5 % das familias pensa destinar recursos a actividades de lecer como saír a cear ou acudir ao cine ou ao teatro, e un 22 % prevé afrontar imprevistos ou compras de maior importe.
En canto á confianza do consumidor, o indicador sitúase en -14,47 puntos no cuarto trimestre, o que supón un descenso de 1,46 puntos respecto ao trimestre anterior. A evolución do índice vén marcada polas diferenzas de ingresos, con valores máis baixos nos fogares con rendas máis reducidas e niveis máis elevados entre aqueles con maiores ingresos mensuais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Ribeira Sacra intégrase na rede estatal de ecoturismo para reforzar o seu modelo sostible

Seguinte Nova

Galicia pecha 2025 cun mínimo histórico de paro e récord de afiliacións en decembro

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss