Nova convocatoria de formación para persoas desempregadas 2026-2027

A liña, dotada inicialmente con 40 millóns de euros, busca flexibilizar e conectar a formación co mercado laboral

Con esta convocatoria, búscase unha oferta formativa máis desestacionalizada e aliñada coas necesidades do tecido produtivo. Foto Envato.

A nova convocatoria de Accións Formativas para persoas Desempregadas (AFD) 2026-2027 pon á disposición das entidades acreditadas un orzamento inicial de 40 millóns de euros, ampliable segundo necesidades, cunha programación deseñada para mellorar a empregabilidade e responder á demanda efectiva de talento no mercado laboral galego. O modelo incorpora cursos modulares de grao A, B e C, con opcións presenciais ou virtuais, así como microformacións de 30-40 horas que permiten adaptar a capacitación a distintos perfís profesionais.
Entre as novidades destaca a posibilidade de acceder a accións de nivel superior sen agardar a certificación da formación anterior ou a homologación de títulos estranxeiros, garantindo continuidade formativa. Cada acción debe contar cun mínimo do 30 % do alumnado comprometido previamente, asegurando a súa conexión coa realidade produtiva. Nos programas de grao C mantense a formación dual, cun 25 % do tempo en contornas laborais reais, reforzando a práctica profesional e facilitando a incorporación ao emprego.

PRAZOS
O prazo de presentación de solicitudes abrirase o 20 de xaneiro e pechará o 30 de novembro de 2026. A convocatoria permite que persoas desempregadas accedan á formación en prioridade, aínda que se poderá cubrir un 30 % das prazas con ocupadas se non se completan coas sen emprego. As entidades poderán solicitar anticipos de ata o 60 % e os proxectos contan con financiamento para adquisición, mellora de inmobles, materiais e equipamentos necesarios. Ademais, introdúcense microcredenciais que posibilitan a empresas deseñar cursos curtos e certificados á medida, e iniciativas complementarias, como Galicia Suma Talento: Emprégate, inclúen incentivos á contratación de participantes de programas previos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

presentación en Chantada da «Guía Micolóxica Básica da Provincia de Lugo»

Seguinte Nova

A Xunta lanza unha nova liña de axudas para reforzar servizos básicos en zonas rurais

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss