O Nadal en Chantada combinou ocio infantil, conciliación e compromiso ambiental

O Concello de Chantada rematou a programación de Nadal cunha xornada especial dedicada á infancia. Na festividade de Reis, organizouse un carrusel gratuíto e un encontro cos nenos no Auditorio Municipal, tras o paso dos Reis e os seus paxes polas rúas da vila. A oferta incluiu contacontos, espectáculos musicais e de circo, ademais dos Campamentos de Nadal no Pavillón Municipal con servizo de madrugadores e obradoiros creativos. Segundo o alcalde, Manuel Lorenzo Varela, esta edición contou con 80 participantes nos campamentos e 15 nos talleres. O Poboado de Nadal tamén medrou con novas pezas e decoración sostible, mantendo o seu carácter atractivo para as familias e contribuíndo á dinamización do comercio e da hostalaría local.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Bóveda entrega os premios do III Concurso de Poesía

Seguinte Nova

Chantada mobiliza recursos para localizar unha vertedura de gasóleo ao río Asma

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss