Pantón pechou o Nadal co éxito do seu primeiro Mercado e da programación de actividades infantís

Eventos como Infantilandia e o Festival de Reis tiveron moita preseza da rapazada. Foto CPCP.

O Concello de Pantón celebrou os días 3 e 4 de xaneiro a primeira edición do Mercado de Nadal, que se instalou na contorna da Praza do Concello e do Edificio Sociocultural. Unha decena de postos ofreceron produtos variados, entre eles costura, xabóns e candeas artesanais, arxila, traballos de ganchillo, galletas, xoias, xoguetes, bolsos e papelería. Durante toda a fin de semana, en horarios de mañá e tarde, numerosos veciños e veciñas aproveitaron para recorrer os postos e participar nas actividades complementarias organizadas para o público infantil. A concelleira de Cultura, Cristina Domínguez, valorou positivamente a resposta da xente e destacou que varios expositores xa mostraron interese en repetir, “Para ser o primeiro ano o balance é moi positivo, os postos participantes falaron desde o comezo de repetir porque estaba funcionando moi ben”. O Concello tamén destacou o éxito das demais actividades da programación festiva. Destacan o tradicional Festival de Reis, que o 5 de xaneiro enchía o salón de actos do Edificio Sociocultural, e a segunda edición de Infantilandia, celebrada o 2 de xaneiro no Pavillón Municipal. Domínguez salientou a maior afluencia respecto ao ano pasado e explicou que ambas iniciativas ofrecen un ambiente máis próximo e acolledor para os nenos e nenas, mesmo para aqueles con necesidades especiais, que se atopan cómodos e disfrutan do encontro coas Súas Maxestades, “Non é a distancia dunha cabalgata, aquí están ao quentiño, é moito máis cercano”, conclúe a concelleira.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Jesús Ledo Cores recibe o Premio Extraordinario de FP en Administración

Seguinte Nova

Aprobada a delimitación de solo de núcleo rural de Valboa para a súa recuperación

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir aInicio

Don't Miss