A licitación do último treito da AG-22 impulsa a conexión entre Lugo e Sarria

O desdobramento entre Nadela e A Pobra de San Xiao pecha a conversión do corredor nunha vía de alta capacidade

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que a licitación do último treito da autovía “vai vertebrar todo o sur da provincia de Lugo». Foto GPXG.

A licitación do segundo e último tramo da autovía AG-22, que unirá Lugo con Sarria, supón un novo avance na mellora das comunicacións no sur da provincia. O proxecto céntrase no desdobramento do tramo Nadela–A Pobra de San Xiao e permitirá completar a transformación do actual corredor nunha vía de alta capacidade, chamada a converterse nun eixo clave de mobilidade interior.
As obras, cun orzamento de 37,7 millóns de euros, abranguen unha lonxitude de 13,5 quilómetros, desde a glorieta de Nadela ata o enlace da Pobra de San Xiao, xa operativo. O proceso de licitación mantense aberto ata o 30 de xaneiro e o prazo de execución está fixado en 36 meses, coa previsión de que os traballos arranquen a comezos do segundo semestre de 2026.
A actuación inclúe a construción de novas infraestruturas singulares, como os enlaces do Corgo e Maceda, un paso inferior baixo a A-54, dous viadutos sobre os ríos Chamoso e Neira, así como a ampliación de pasos superiores e inferiores existentes. O trazado contará con dúas calzadas e dous carrís por sentido, o que permitirá adiantar con maior seguridade e reducir os tempos de desprazamento.
Unha vez en servizo, a nova autovía facilitará unha conexión máis directa coa A-6 e coa A-54 no nó de Nadela, mellorando a accesibilidade da comarca de Sarria e a súa relación coa capital provincial. Calcúlase que arredor de 100.000 usuarios se verán beneficiados por este itinerario, polo que circularán a diario máis de 8.000 vehículos, incluído tráfico pesado.
A intervención enmárcase nunha planificación máis ampla de actuacións viarias, que inclúe novas variantes e a modernización de estradas autonómicas, e o reforzo das tarefas de conservación da rede existente.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

San Miguel de Rosende: cultura e patrimonio

Seguinte Nova

Concello de Sarria e Deputación reforzan a cooperación para mellorar instalacións deportivas

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss