Alumnado do CEIP de Sober participou no encontro Radio na Biblio en Santiago

Os escolares de Sober entrevistaron a profesionais da radio e asistiron a obradoiros na Cidade da Cultura. Foto CPVDC.

O CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober estivo presente no primeiro encontro de centros do programa Radio na Biblio, celebrado na Cidade da Cultura o pasado 18 de decembro. A iniciativa reuniu en Santiago a 650 estudantes de 5º e 6º de Primaria e os seus docentes para poñer en valor o traballo radiofónico que desenvolven nas bibliotecas escolares. Durante a xornada, os rapaces tiveron ocasión de achegarse ao funcionamento real dos medios, entrevistando a profesionais como Kike Magdalena (Radio Galega), Andrea Oca (RNE), Mario Moreno (SER), Ignacio Capeáns (Onda Cero), Patricia Iglesias (COPE) e Eva Millán (Radio Voz). Ademais, participaron en obradoiros prácticos de teatro radiofónico, locución e expresión oral, impartidos por actores, xornalistas e escritoras. O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, destacou que “a radio é unha ferramenta que mellora as competencias lingüísticas e fomenta o traballo en equipo”. O programa, consolidado tras nove anos, chega este curso a 245 centros e forma parte do Plan LÍA de bibliotecas escolares.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Pantón recibirá 328.789 euros do Plan Deputación 2026 para proxectos locais

Seguinte Nova

Recoñecemento á excelencia na FP dun exalumno do CPR Belarmino Fernández

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

Ir aInicio

Don't Miss