Carmela López, nova presidenta da Deputación de Lugo

A Deputada provincial e Alcaldesa de Burela, Carmela López Moreno, foi elixida Presidenta da Deputación de Lugo co apoio do PSOE, o BNG e do ex-presidente, agora deputado non adscrito, José Tomé Roca. Foto GPDL.

Carmela López Moreno foi proclamada hoxe presidenta da Deputación de Lugo nun pleno celebrado no Pazo de San Marcos, tras resultar a candidata con máis votos. A alcaldesa de Burela asumiu o cargo “coa responsabilidade de representar a toda a provincia e de traballar polo interese xeral das veciñas e veciños dos 67 concellos”. A elección contou co apoio do PSOE, o BNG e do deputado do grupo mixto, José Tomé, expresidente da institución, mantendo o acordo de goberno progresista existente. O Partido Popular votou ao seu propio candidato, Antonio Ameijide, sen que a súa proposta alterase o resultado.
Durante a súa intervención, López incidiu na importancia do diálogo, a accesibilidade e a empatía na política. “O diálogo non é debilidade. A accesibilidade non resta autoridade. A empatía é entender as necesidades reais da xente para poder dar respostas xustas”, subliñou. Destacou tamén que a experiencia como alcaldesa de Burela lle ensinou a gobernar con firmeza, criterio propio e capacidade de coordinación coas diferentes administracións, garantindo que as políticas cheguen a todos os recunchos da provincia. A presidenta agradeceu ás agrupacións políticas, á súa familia e ás veciñas e veciños o apoio recibido ao longo da súa traxectoria, destacando a relevancia da confianza depositada nela para asumir este cargo.
López comprometeuse a favorecer a gobernabilidade e a colaboración entre forzas políticas, impulsar proxectos que melloren a vida diaria das veciñas e veciños, e garantir unha atención equilibrada a todos os concellos. “A Deputación é o concello dos concellos, a institución que permite prestar mellores servizos á xente. Aquí falamos de persoas, de concellos, de servizos, de oportunidades para vivir e para quedar”, afirmou. A nova presidenta comprometeuse a exercer unha presidencia aberta, accesible e baseada na toma de decisións responsable, co obxectivo de avanzar na provincia de Lugo desde a proximidade, o servizo público e o reforzo das políticas de cooperación territorial.

POSICIÓN DO BNG
Dende o BNG, o Vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, sinalou que «unha vez rematado o pleno de elección de Presidenta, dende o grupo provincial do Bloque Nacionalista Galego consideramos que cumplimos co que viñamos anunciando de traballar para devolver a normalidade a esta institución e agora ábrese un tempo de futuro para seguir modernizando a Deputación de Lugo e seguir traballando polo ben de tódolos concellos da provincia de Lugo e por todo o tecido tanto cultural como deportivo como asociativo en tódolos ámbitos e deste xeico respectar o que saliu nas urnas nas últimas votacións municipais que era un goberno de esquerdas no que tiña presenza o Bloque Nacionalista Galego, mentres o partido popular seguiu no carroñerismo político, tratando de tirar por tódolos medios ó que salira dass urnas. Felizmente non triunfou e o BNG seguirá estando do lado das vítimas, do lado das mulleres e da loita feminista, como leva facendo durante toda a súa historia».

O GRUPO POPULAR DENUNCIA O «PACTO DA VERGOÑA»
O voceiro do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, criticou a recente elección de Carmela López como presidenta da Deputación de Lugo, asegurando que esta nova etapa “nace do escándalo, manchada” por un acordo entre PSOE, BNG e o deputado non adscrito José Tomé. Ameijide sostén que a formación socialista e os nacionalistas “puxeron prezo ao feminismo e á defensa das mulleres”, facendo referencia a supostos 500.000 euros vinculados á súa aprobación.
Segundo os populares, o pacto inclúe o respaldo explícito de José Tomé, acusado de presunto acoso sexual, e de Pilar García Porto, identificada como persoa que encubriu estas condutas. Ameijide denunciou que o acordo evidencia que “PSOE e BNG elixiron máis do mesmo en lugar de promover unha limpeza de prácticas reprobables na Deputación”.
O voceiro popular cuestionou a actitude do BNG, sinalando que “escoitamos alto e claro a súa resposta: escollen os cargos antes que o feminismo e a defensa das vítimas”. Criticou tamén a ausencia de Ana Pontón no acto de toma de posesión, indicando que “asinou a partida de defunción da coherencia e do feminismo no BNG”. Ameijide insistiu en que, ao optar por manter os cargos, os nacionalistas posicionáronse “do lado do presunto acosador” e condenou a “certificación do pacto da vergoña”, advertindo que este acordo “inhabilita moralmente a ambos partidos para falar de igualdade, feminismo e dignidade”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte renova semáforos e instala dispositivos sonoros en pasos de peóns

Seguinte Nova

O SC Braga imponse na II Calasancio Cup

Últimas noticias sobre PORTADA

Entrevista a Quique González

Cantautor fundamental do panorama nacional, Quique González explora a sensibilidade expresiva da canción e fálanos da súa relación co escenario As cancións
Ir aInicio

Don't Miss