Denuncia veciñal en Escairón por un vertedoiro nun soar municipal

A asociación veciñal do Saviñao reclama un Punto Limpo no antigo mercado gandeiro e critica a inacción do goberno local. Fotos AVOS.

A asociación veciñal do Saviñao denunciou a xestión dos residuos no concello por empregar, segundo afirma, un soar municipal da Lama como vertedoiro e escombreira. O espazo, próximo a vivendas e ao centro de saúde, acumularía desde hai máis dun ano entullos, electrodomésticos e enseres de xeito continuado, ocupando uns dous mil metros cadrados.
O colectivo sinala que empresas da construción reclaman un lugar autorizado para restos de obra ante o repunte da rehabilitación. Por iso propuxeron en varias ocasións habilitar un Punto Limpo no antigo mercado gandeiro, con peche e portal, sen éxito. Critican que o alcalde remitise á necesidade de contar con persoal específico como impedimento.
A asociación asegura que a situación incumpre a legalidade urbanística e ambiental e reclama unha solución urxente. Con esta denuncia pública, pide á Corporación habilitar un servizo regulado e poñer fin ao depósito incontrolado de residuos no casco urbano de Escairón.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Axentes ambientais retoman a atención presencial

Seguinte Nova

San Miguel de Rosende: cultura e patrimonio

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss