Licítase o servizo integral de limpeza do Hospital de Monforte

O contrato, cunha duración de tres anos ten un orzamento inicial de máis de 4,2 millóns de euros

Nos últimos meses, o hospital experimentou unha ampliación significativa de áreas destinadas á actividade asistencial. Foto ARQUIVO.

A Consellería de Sanidade da publicou recentemente no Portal de Contratos Públicos a licitación do servizo de limpeza, desinfección e xestión de residuos intracentro do Hospital Público de Monforte. O contrato, cun período de tres anos, ten un valor inicial de 4.291.623 euros, que poderá ascender ata 7.093.593 euros se se executan as prórrogas previstas por dous anos adicionais. As empresas interesadas teñen de prazo ata o 19 de xaneiro para presentar as súas ofertas.
O servizo integral de limpeza hospitalaria considérase unha das medidas máis eficaces para interromper cadeas epidemiolóxicas derivadas de infeccións, virus e bacterias. Ademais de contribuír á prevención de enfermidades, permite manter en condicións óptimas os espazos para os usuarios e o persoal sanitario, reforzando a imaxe do centro. Nos últimos meses, o hospital experimentou unha ampliación significativa de zonas asistenciais, o que incrementou de forma notable a superficie que require limpeza. A superficie total obxecto do novo contrato alcanza os 23.708 metros cadrados.
Do total, 8.496 metros cadrados corresponden a áreas de risco baixo, 9.109 a risco medio e 2.059 a risco alto. A isto engádese o aparcadoiro exterior, cunha superficie superior aos 3.500 metros cadrados, que tamén quedará incluído nas tarefas de limpeza e desinfección. O servizo deberá desenvolverse seguindo a Guía de procedementos de limpeza en hospitais do Sergas, así como as recomendacións para bioseguridade e hixiene ambiental do Plan nacional de resistencia antibiótica, cumprindo a Instrución xeral de procedementos de limpeza e desinfección de superficies específica do Hospital de Monforte.
A ampliación do centro e a licitación deste contrato reflicten a aposta da Xunta por un servizo sanitario máis seguro, hixiénico e funcional, garantindo que tanto pacientes como profesionais dispoñan de instalacións adaptadas ás necesidades actuais e preparadas para afrontar futuros retos sanitarios. A Xunta subliña que a continuidade da prestación permitirá manter estándares de calidade e prevención que reforzan o papel do hospital como referencia asistencial e aseguran unha xestión eficiente das infraestruturas e recursos humanos implicados na limpeza.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O 112 Galicia chama á prevención fronte aos riscos do inverno

Seguinte Nova

Monforte incorpora dous novos policías municipais en prácticas

Últimas noticias sobre SAÚDE

Ir aInicio

Don't Miss