
O Concello de Monforte de Lemos celebrou este venres a toma de posesión como funcionarios en prácticas de dous novos policías municipais, acto presidido polo alcalde, José Tomé Roca. Os axentes seleccionados foron Aarón Lobelos Liñeiro, natural de Fisterra, e David Marcos Pérez, de Sober, quen obtiveron as mellores cualificacións no proceso selectivo.
A formación teórico-práctica desenvolverase durante nove meses, de xaneiro a xuño na Academia Galega de Seguridade Pública en A Estrada, e de xullo a setembro nas dependencias municipais de Monforte. Superadas ambas fases, os axentes accederán de maneira definitiva ás prazas correspondentes, na categoría de axente de Policía Local, grupo C1.•





