O Club Natación Monforte destaca no Campionato Galego Absoluto de Inverno

Foto CNM.

A piscina municipal de Frigsa, en Lugo, acolleu os días 27, 28 e 29 de decembro o Campionato Galego Absoluto de Natación de Inverno, unha das citas máis relevantes do calendario autonómico, na que se deron cita arredor de 400 deportistas pertencentes a unha trintena de clubs de toda Galicia. Entre eles estivo representado o Club Natación Monforte, que volveu competir nun escenario de máximo nivel, compartindo piscina cos principais referentes da natación galega.

ANDREA GUNDÍN FOI UNHA DAS NADADORAS MÁIS DESTACADAS DO CAMPIONATO
A participación do club monfortino materializouse a través de varios deportistas que tomaron parte en probas de braza e bolboreta, acadando resultados que reflicten a progresión do equipo ao longo da tempada. Andrea Gudín foi unha das nadadoras máis destacadas, cun cuarto posto nos 50 metros braza, unha segunda posición nos 100 metros, que lle valeu o subcampionato galego absoluto, e un terceiro posto nos 200 metros braza, proba na que ademais conseguiu mellorar a súa marca persoal.

PARTICIPACIÓN DESTACADA E BOAS SENSACIÓNS PARA O RESTO DA TEMPADA
No apartado masculino, Noel Pereira competiu nos 100 e 200 metros braza, mentres que Santiago Suárez participou nas probas de 50 e 100 metros braza e nos 100 metros bolboreta, acumulando experiencia nun campionato caracterizado pola elevada esixencia competitiva. Desde o club salientan que a presenza en citas deste nivel resulta clave para a formación deportiva e para medir a evolución do traballo diario realizado nos adestramentos.
O campionato serviu tamén para pechar o ano deportivo no ámbito autonómico, nunha edición que coroou ao CN Portamiñá como campión absoluto por clubs.
Para o Club Natación Monforte, a participación en Lugo deixa boas sensacións e unha base sólida de cara aos vindeiros compromisos dunha tempada que aínda está a comezar.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Iker Codesido, estrénase con éxito no seu novo equipo

Seguinte Nova

Goya entra nas aulas da Pinguela da man de Juan de Dios Ruano

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss