O PSdeG alerta de deriva económica na Pobra do Brollón tras aprobar o PEF

O voceiro socialista, Adolfo Rubio. critica subas de impostos e falla de planificación; o goberno atribúe o déficit a servizos básicos e custos. Foto GPPSdeG.

O Grupo Municipal Socialista da Pobra do Brollón alertou dunha deriva económica tras a aprobación no último pleno do Plan Económico‑Financeiro (PEF). Segundo o PSdeG, a Xunta requiriu en varias ocasións o trámite por incumprimento da estabilidade e a liquidación de 2024 pechou cun déficit superior a 70.600 euros. O grupo vincula o desequilibrio a anos sen planificación. “Non estamos ante un problema novo nin inesperado, isto vén de longo…”, afirmou o voceiro, Adolfo Rubio.
No debate, o alcalde atribuíu o desequilibrio ao carácter deficitario do lixo, a auga e o SAF, ao incremento do custo laboral e á dispersión poboacional. Os socialistas replican que a causa principal é a falta de planificación e que o PEF evita solucións estruturais.
O PSdeG critica subas de impostos que cualifica de “auténtico sablazo fiscal”. Engaden que persoal e bens e servizos consumen 90% do orzamento, o que reduce a marxe e traslada o axuste á veciñanza con máis taxas ou recortes en programas culturais, deportivos ou mesmo no SAF.
Tamén denuncian incoherencia por elevar en 500 € as retribucións do alcalde e do tenente de alcalde. “Non é ético nin solidario pedir que a xente se aperte o cinto…”, sinala Rubio.
O grupo socialista salienta os investimentos da Deputación de Lugo. Segundo o PSdeG, o documento contempla escenarios “moi duros” se non hai ingresos adicionais e pide abrir unha mesa coa oposición e co tecido local para corrixir o desaxuste. Finalmente, abstívose por “ser a solución menos mala”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga celebra a primeira xuntanza para iniciar a organización da XLIV Feira do Viño

Seguinte Nova

Axentes ambientais retoman a atención presencial

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss