Quiroga celebra a primeira xuntanza para iniciar a organización da XLIV Feira do Viño

Foto Arquivo

Esta pasada semana celebrouse a primeira reunión para poñer en marcha a XLIV Feira do Viño de Quiroga, prevista para os días 4 e 5 de abril. No encontro participaron adegueiros da Ribeira Sacra, en concreto da subzona de Quiroga, persoal do concello e o alcalde, José Luis Rivera, quen presidiu a sesión. A xuntanza serviu como primeira toma de contacto para activar o traballo previo, que, entre outras mateias, inclúe as bases do concurso de carteis e a programación dos actos da Semana Santa. Rivera explicou que “aínda non se pode adiantar nada porque todo está en fase de deseño” e lembrou que tamén se prepara a Mostra do Aceite, fixada para o 14 e 15 de marzo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Supervisión das melloras en Vilarmel e Paradapiñol tras os lumes do verán

Seguinte Nova

O PSdeG alerta de deriva económica na Pobra do Brollón tras aprobar o PEF

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss