Recoñecemento á excelencia na FP dun exalumno do CPR Belarmino Fernández

Emilio Blanco Tilves obtivo o premio extraordinario de grao superior na especialidade de Industrias Alimentarias. Foto CPRBFI.

Emilio Blanco Tilves, antigo alumno do ciclo superior de Vitivinicultura do CPR Belarmino Fernández Iglesias, vén de ser distinguido cun dos premios extraordinarios de Formación Profesional de grao superior correspondentes ao curso 2023/24. O recoñecemento, sitúao como o mellor expediente da súa categoría profesional, Industrias Alimentarias, tras completar a súa formación entre os anos 2022 e 2024.
Estes galardóns distinguen a traxectoria académica de 23 estudantes de toda Galicia que acadaron resultados destacados ao remate dos seus estudos. Cada un deles recibe unha achega económica de 1.000 euros e a mención correspondente no expediente académico.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Alumnado do CEIP de Sober participou no encontro Radio na Biblio en Santiago

Seguinte Nova

Preto de dous millóns en axudas para previr e compensar os danos do lobo no gando galego

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

Ir aInicio

Don't Miss