Supervisión das melloras en Vilarmel e Paradapiñol tras os lumes do verán

O concelleiro Luis Manuel Arias, desprazouse a Vilarmel e Paradapiñol. Foto RTMQ.

O concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural, Luis Manuel Arias, desprazouse nos últimos días ás zonas de Vilarmel e Paradapiñol para comprobar sobre o terreo o avance das actuacións postas en marcha tras os incendios rexistrados o pasado verán. A visita permitiu avaliar o estado dos traballos que se están a desenvolver nestes lugares, centrados na recuperación de infraestruturas básicas afectadas polo lume.
As intervencións inclúen labores de limpeza e acondicionamento de cunetas, así como a reparación de distintos pasos de auga, co obxectivo de mellorar a drenaxe e evitar problemas de seguridade coa chegada das choivas. Estas actuacións forman parte dun plan máis amplo de reparación de danos derivados dos incendios forestais.
Os traballos execútanse ao abeiro das axudas concedidas pola Xunta de Galicia en colaboración cos concellos, cun investimento de 144.000 euros, que permitirá actuar no alumeado público dos Alvaredos e noutras melloras en Vilarmel. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Un proxecto científico analiza a estabilidade do túnel romano de Montefurado

Seguinte Nova

Quiroga celebra a primeira xuntanza para iniciar a organización da XLIV Feira do Viño

Últimas noticias sobre MEDIO AMBIENTE

Ir aInicio

Don't Miss