Vida de amor e enfermidade: relato fotográfico da loita de Santy López

(Foto GPVDL)

A Casa da Cultura de Sarria acolleu a presentación do libro Vida de amor e enfermidade, obra do fotoxornalista Santy López, que recolle preto de dúascentas imaxes documentando catro anos de tratamento dun cancro diagnosticado en 2020. A obra mestura a fotografía profesional coa experiencia persoal do autor, mostrando a evolución do seu corpo e a vida diaria durante o proceso de enfermidade.
Inclúe textos de escritores e xornalistas como Manuel Darriba, Marica Campo, Margarita Ledo Andión, Xosé Marra e Delmi Álvarez, que reflexionan sobre a valentía, o esforzo e a resistencia que supón plasmar unha vivencia tan íntima a través da cámara. López describe a súa rutina de traballo, explicando que, a pesar do cansazo derivado da quimioterapia, documenta cada etapa do tratamento “como mellor sei: facendo fotos”.
A combinación de planos xerais, detalles e series fotográficas capta non só a dimensión física da enfermidade senón tamén os afectos e a relación co mundo que o rodea. Cada imaxe reflicte un equilibrio entre o documental e o poético, un testemuño visual único sobre a vida, a loita e a capacidade de transformación a través da fotografía.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Concello de Sarria e Deputación reforzan a cooperación para mellorar instalacións deportivas

Seguinte Nova

Entrevista a Xosé Gago

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss