A Festa do Cocido do Porco Celta celebrará a súa 18ª edición o 31 de xaneiro

A cita gastronómica medra en aforo, estrea imaxe e contará co exdeportista Fernando Romay como pregoeiro

Imaxe do acto de presentación da 18ª edición da Festa do Cocido Porco Celta de Concello De Sarria. Foto PC.

Sarria ultima os preparativos para a Festa do Cocido do Porco Celta, que se celebrará o 31 de xaneiro no Campo da Feira e que este ano alcanza a súa 18ª edición, convertida xa nunha das citas gastronómicas máis destacadas do inverno galego. A organización agarda reunir entre 750 e 800 comensais, unha cifra récord que obriga a ampliar o aforo e que confirma a consolidación do evento. A celebración chega tamén con nova imaxe, obra do artista sarriao Borja Doel, e cun pregoeiro moi coñecido polo público galego: Fernando Romay, quen será o encargado de abrir unha xornada que combina gastronomía, tradición e difusión do produto local. Pero o verdadeiro protagonista volverá ser o porco celta, raza autóctona criada en extensivo e moi valorada pola súa calidade. O menú incluirá sopa, chourizos, lacón, soá, butelo, grelos, patacas e garavanzos, ademais do tradicional queixo con marmelo. As 60 mesas de 13 persoas completarán o espazo dispoñible, e preto de medio cento de profesionais participarán na preparación e servizo, con máis de 1.000 quilos de carne previstos para a cocción. A festa está organizada polo Concello de Sarria e pola Asociación de Hostalaría e Turismo do Camiño de Santiago, coa colaboración de criadores e empresas locais. O evento supón cada ano un impulso económico para toda a comarca, atraendo visitantes de Galicia e doutros puntos do Estado, e reforzando a identidade gastronómica sarriá arredor dun produto que gaña prestixio edición tras edición.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A forza das tradicións populares

Seguinte Nova

O BNG expón en Sarria o seu traballo no Congreso en defensa dos intereses de Galicia

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir aInicio

Don't Miss