A Ruta do Viño Ribeira Sacra promociónase como destino turístico de inverno

A Ruta do Viño promove o inverno como unha época ideal para coñecer a Ribeira Sacra. Dúas adegas acollen a programación de actividades da nova campaña promocional

A finalidade última da campaña radica na posta en valor do traballo de máis de 40 entidades asociadas ao desenvolvemento do sector enoturístico da Ribeira Sacra. Foto RSI.

A Ruta do Viño Ribeira Sacra presentou unha campaña coa que busca reforzar a imaxe do territorio como destino atractivo durante os meses máis fríos. A iniciativa, que se difunde baixo o lema “Ruta do Viño Ribeira Sacra; Refuxio de inverno, viño e calma”, combina accións en medios e redes coa organización de eventos abertos ao público. Os primeiros terán lugar mañá sábado, 31 de xaneiro, en dúas adegas representativas do itinerario enoturístico.
A entidade destaca que o inverno ofrece unha oportunidade para achegarse á zona con outra mirada, afastada da presión turística estival e máis centrada no contacto directo coa paisaxe e o patrimonio vitivinícola. “O inverno permite descubrir a Ribeira Sacra cunha calma especial, gozar do viño sen présas e conectar co territorio dun xeito máis profundo”, sinalan desde a organización, que insiste na vontade de impulsar visitas fóra da tempada alta.
A campaña pon en valor o traballo das máis de corenta entidades asociadas, entre adegas, museos, restaurantes, aloxamentos e espazos naturais, que ofrecen propostas adaptadas á época: catas comentadas, percorridos guiados, gastronomía de tempada e actividades culturais.
A xornada desenvolveranse dúas experiencias paralelas. En Vía Romana, recoñecida como Mellor Destino Enoturístico na guía Galicia Report Top 100 2026, programouse un percorrido pola viña centrado no ciclo invernal, con visita guiada, cata e degustación. Posteriormente, Adega Vella ofrecerá unha visita ás instalacións, cata de selección e concerto. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PPdeG reclamará no Parlamento a dimisión de José Tomé e critica a xestión municipal en Monforte

Seguinte Nova

O sector agrogandeiro intensifica en Lugo a oposición ao acordo UE-Mercosur

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss