Besteiro encabezará a presenza do PSdeG na mobilización pola sanidade pública en Santiago

O portavoz da Executiva do PSdeG, Julio Torrado, denunciou a situación actual do sistema sanitario en Galicia baixo a xestión da Xunta. Foto GPPSDEG.

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, liderará a representación socialista na manifestación en defensa da sanidade pública galega que se celebrará o vindeiro domingo, 1 de febreiro, en Santiago. A mobilización, convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública, partirá ás 12.00 horas desde a Alameda. O anuncio foi realizado polo portavoz da Executiva do PSdeG, Julio Torrado, quen denunciou a situación actual do sistema sanitario en Galicia baixo a xestión da Xunta.
Torrado afirmou que a comunidade conta “cos mellores profesionais, pero coa peor das xestións”. Entre eles, destacou que preto de 360.000 persoas se atopan en listas de espera, xa sexa para consultas, probas diagnósticas ou intervencións cirúrxicas, das cales arredor de 50.000 están pendentes dunha operación.
O portavoz socialista tamén puxo o foco na saúde mental, cunha demora media superior aos cinco meses para unha primeira consulta. A isto sumou a situación do persoal sanitario, ao indicar que Galicia figura entre as comunidades que peor retribúen aos seus profesionais e que só destina o 11,82 % do orzamento sanitario á atención primaria.
Segundo Torrado, esta realidade ten consecuencias directas, como o incremento do número de persoas con seguros privados, que xa alcanza as 460.000, un 25 % máis que hai unha década. O dirixente socialista criticou a actitude do conselleiro de Sanidade e reprochou ao PP manter durante quince anos as mesmas políticas, sen adaptar os investimentos ás novas necesidades.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O BNG advirte do impacto negativo do acordo con Mercosur no sector gandeiro galego

Seguinte Nova

Vía Romana, recoñecida como Mellor Destino Enoturístico de Galicia

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss