Chantada, “km100” para obter a Compostela no Camiño de Inverno

A Oficina de Turismo rexistrou 731 peregrinos ao longo de 2025, cun notable peso de visitantes nacionais Foto GPCC.

Chantada mantén a súa relevancia como punto de inicio do Camiño de Inverno, ao situarse no quilómetro 100 desta ruta oficial, requisito necesario para obter a Compostela. A combinación de patrimonio románico, paisaxe da Ribeira Sacra e servizos ao peregrino converte o municipio nun lugar escollido por numerosos camiñantes.
A Oficina de Turismo atende cada ano a quen chega para selar credenciais e solicitar información sobre aloxamentos, hostalaría, transporte ou características das etapas. En 2025 pasaron polas instalacións 731 peregrinos, cunha maior afluencia entre maio e outubro.
O 73,46% dos visitantes procedía de España, con Madrid á cabeza, mentres que o 26,54% eran estranxeiros, principalmente de Italia, Portugal, Reino Unido, Alemaña, Países Baixos, Estados Unidos, Canadá, Polonia e Francia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O proxecto turístico de queixería Airas Moniz destaca como elemento dinamizador do rural

Seguinte Nova

Pantón pechará o Entroido da Ribeira Sacra cun desfile que porá en valor a tradición de Budián

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss