Fademga e Special Olympics celebran unha xornada de convivencia en Pantón

(Foto GPCP)

O Concello de Pantón acolleu unha xornada de convivencia organizada por Fademga e Special Olympics Galicia, que reuniu participantes de ambas entidades para fomentar relacións, coñecemento mutuo e inclusión social. O alcalde, José Luis Álvarez, deu a benvida ao grupo e destacou a importancia destas iniciativas para favorecer a participación das persoas con discapacidade intelectual na vida comunitaria.
Tras a recepción oficial, os asistentes visitaron o Mosteiro das Bernardas, onde coñeceron a historia e o valor arquitectónico do antigo cenobio, e a igrexa de San Miguel de Eiré, un dos exemplos románicos máis singulares da zona.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Pantón impulsa o sector femenino a través do programa Emega

Seguinte Nova

O XVIII Baile da Cachucha protagonizará o día grande do Entroido de Sober

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss