María José Gómez refrenda o compromiso coa calidade na produción de aceite

(Foto GPXG)

A Casa da Cultura de Quiroga acolleu unha xornada dedicada á produción de aceite de oliva virxe extra na que a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, subliñou o compromiso da Xunta coa mellora da calidade agroalimentaria e co avance de cultivos que están a gañar peso no rural galego. Durante a inauguración do encontro, celebrado o pasado 24 de xaneiro, a responsable autonómica lembrou o crecemento das plantacións de oliveira nos últimos anos e a aparición de pequenas explotacións que apostan por variedades propias. Segundo afirmou, existen “moitas empresas familiares que apostaron pola calidade e pola recuperación de variedades autóctonas, que teñen unhas cualidades únicas”.
Gómez avanzou que o próximo período da PAC incluirá axudas específicas para estes cultivos, co obxectivo de consolidar a súa presenza e contribuír á dinamización territorial. Tamén destacou o papel das accións formativas para mellorar o coñecemento técnico e favorecer a profesionalización do sector.
Programa da xornada
O obxectivo desta iniciativa formativa en Quiroga, na que participan expertos galegos e portugueses, é afondar na elaboración deste produto na nosa comunidade, poñendo o foco nos aspectos técnicos do traballo en almazara, no control dos procesos e na profesionalización do sector como base para o seu desenvolvemento sostible no rural galego.
Así, nun contexto atlántico con características propias, a calidade do aceite de oliva virxe extra (AOVE) depende en gran medida dun manexo axeitado da almazara, do coñecemento técnico-científico e da capacidade para avaliar e mellorar o produto final. Ao longo da xornada abórdanse estes aspectos desde unha perspectiva práctica, científica e estratéxica, combinando experiencias profesionais contrastadas, coñecemento académico e análise sectorial.
Ademais, integrouse a cata de aceites como ferramenta técnica aplicada á elaboración, mentres que a proposta gastronómica final permite poñer en valor o AOVE galego como produto de calidade diferenciada e cun notábel potencial económico.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PPdeG salienta a importancia do incremento nun 50% da aportación da Xunta para o SAF

Seguinte Nova

A borrasca Ingrid provoca grandes acumulacións de neve

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss