
Foto GPBNG.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, criticou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, por manterse “cos brazos cruzados” fronte ao acordo con Mercosur, que cualificou de letal para as explotacións gandeiras. “Non apoiamos o acordo porque deixa ao noso sector nunha situación de indefensión e competencia desleal”, subliñou, destacando o papel da eurodeputada Ana Miranda na decisión do Parlamento Europeo de remitir o tratado ao Tribunal de Xustiza Europeo, medida que abre “unha oportunidade de negociación e de presión para desbotalo definitivamente”.
Pontón denunciou que o pacto permitirá a entrada libre de 99.000 toneladas de carne de vacún e 180.000 de aves, sen cumprir os estándares ambientais, sanitarios e de benestar animal galegos, afectando directamente a produción local. “O sector grandeiro non necesita máis peches de explotacións, senón apoio real para manter a actividade no medio rural”.•



