O BNG expón en Sarria o seu traballo no Congreso en defensa dos intereses de Galicia

Néstor Rego e Mónica López detallaron avances en infraestruturas, dereitos sociais e financiamento. Foto GPBNG.

O Bloque Nacionalista Galego celebrou en Sarria un acto aberto á veciñanza para explicar a actividade que desenvolve nas Cortes do Estado. O encontro estivo conducido pola concelleira do BNG no concello, Mónica López, e contou coa participación do deputado no Congreso Néstor Rego, que debullou as iniciativas impulsadas pola formación nacionalista con impacto en Galicia.
Durante a sesión, os representantes do BNG destacaron que a súa presenza en Madrid permite trasladar as demandas galegas ás institucións estatais. Rego centrou parte da súa intervención nas melloras en materia de infraestruturas ferroviarias, subliñando os avances na modernización e electrificación da liña entre Ourense e Lugo, así como o impulso á conexión Lugo-Santiago e ao desenvolvemento das cercanías ferroviarias.
No ámbito social, o deputado salientou o papel do BNG na actualización das pensións, especialmente das mínimas, unha cuestión relevante en territorios con rendas máis baixas. “Cada euro que sobe unha pensión mínima é unha mellora directa para milleiros de veciñas e veciños”, afirmou. Tamén puxo en valor a ampliación dos permisos de maternidade e paternidade, actualmente en 19 semanas.
No plano económico, Rego reiterou a defensa dun sistema de financiamento propio para Galiza e criticou a proposta estatal vixente.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Festa do Cocido do Porco Celta celebrará a súa 18ª edición o 31 de xaneiro

Seguinte Nova

Samos analiza o papel da gandería fronte aos incendios na montaña

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss