O XVIII Baile da Cachucha protagonizará o día grande do Entroido de Sober

Sober perfila o seu Entroido cun amplo programa
de actividades. O Concello organiza un desfile, concursos e degustacións para 14 de febreiro, o
día grande da festividade

O Concello de Sober fixo público o programa co que celebrará o Entroido, que terá o seu día grande o sábado 14 de febreiro e incluirá unha nova edición do Baile da Cachucha, xa na súa maioría de idade. Como é tradición, as festas comezarán antes, co Xoves de Compadres o 5 de febreiro e o Xoves de Comadres o día 12, marcando o inicio dun ciclo festivo moi arraigado no municipio.
A xornada central do sábado arrancará ás 17.00 horas cun desfile que partirá da Praza do Concello. Nesta ocasión introdúcese un premio específico á música en directo, pensado para distinguir a quen anime o percorrido interpretando temas ao vivo. O xurado poderá ademais conceder accésits nas diferentes categorías, en función da creatividade e participación dos grupos inscritos.
A partir das 18.00 horas, o pavillón polideportivo converterase no punto de encontro das familias, cunha proposta que inclúe inchables e xogos para o público infantil. Ás 19.30 horas celebrarase o concurso de disfraces para nenos e nenas, estruturado en modalidades individual, parellas e grupos, con premios que oscilan entre os 20 e os 80 euros. Media hora despois, ás 20.00 horas, ofrecerase unha degustación gratuíta de cachucha e viño, un dos momentos máis agardados da festa.
O Concello mantén tamén o sistema de premios para comparsas, grupos e participantes individuais. As comparsas recibirán 60 euros pola súa participación e poderán optar a galardóns de entre 100 e 400 euros. Nos grupos, a achega pola presenza será de 30 euros e os premios situaranse entre 90 e 120 euros. Na categoría individual e parellas, os recoñecementos irán dos 50 aos 80 euros, ao igual, e as mesmas condicións establécense para o concurso de disfraces infantil. Con este programa, Sober reafirma a súa aposta por un Entroido participativo e aberto a todas as idades.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Fademga e Special Olympics celebran unha xornada de convivencia en Pantón

Seguinte Nova

O PPdeG salienta a importancia do incremento nun 50% da aportación da Xunta para o SAF

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss