Ribeira Sacra reforza a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade en Fitur

Representantes políticos e do sector turístico reivindicaron na súa visita a Madrid o valor universal da Ribeira Sacra

Abordouse a necesidade dun modelo turístico ordenado cunha planificación fiel a esencia da Ribeira Sacra. Foto CTRS.

A Ribeira Sacra presentou en FITUR unha mesa redonda institucional dedicada a reforzar a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade. O encontro, celebrado no stand de Galicia e conducido pola xornalista Noa García, incluíu a proxección dun vídeo que repasou os valores naturais e culturais que sustentan a proposta.
O presidente do Consorcio de Turismo e alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, subliñou que a declaración da Unesco sería “un recoñecemento internacional a un territorio e á súa identidade”, ademais dun agradecemento ás persoas que o preservaron ao longo dos séculos. Tamén destacou que o selo permitiría atraer investimento e favorecer novas oportunidades no rural.
Na conversa abordouse a necesidade dun modelo turístico ordenado, con experiencias auténticas e unha planificación que manteña a esencia da zona. Os participantes coincidiron en que o recoñecemento axudaría a que o visitante perciba a Ribeira Sacra como unha paisaxe cultural de valor excepcional.
O acto contou coa presenza de representantes da Xunta, das deputacións e de numerosos profesionais do sector turístico, reforzando o carácter colectivo da candidatura.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta e o Ministerio de Cultura definen a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

Seguinte Nova

Turexpo Galicia reafírmase como referente do sector turístico co seu 15º aniversario

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss