Samos analiza o papel da gandería fronte aos incendios na montaña

(Foto GPVDL)

Samos acolleu a cuarta edición das xornadas As actividades agrogandeiras fronte aos incendios na montaña, iniciativa promovida pola Sociedade Galega de Pastos e Forraxes. O encontro reuniu a profesionais do sector, técnicos e persoas vinculadas ao medio rural para analizar o papel da gandería na xestión do territorio.
A apertura correu a cargo da alcaldesa de Samos, Chus López, e da presidenta da entidade organizadora, Isabel Gómez. A primeira parte da xornada centrouse na gandería de vacún e na exposición de experiencias ligadas á actividade a tempo parcial. Presentáronse proxectos como unha explotación de carne en San Cristovo de Louzara, no propio concello de Samos, e outro dedicado ao cebo de bois en Pol.
Abordouse o manexo e cebo de animais adultos con intervencións de persoal investigador e profesional vencellado ao ámbito agrario e veterinario. Xa pola tarde, as sesións puxeron o foco nas novas ferramentas aplicadas ao pastoreo extensivo, como os cercados virtuais, así como na dixitalización e nas oportunidades do mercado das carnes de calidade, como vías complementarias para a viabilidade das explotacións.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O BNG expón en Sarria o seu traballo no Congreso en defensa dos intereses de Galicia

Seguinte Nova

Máis de 6.000€ en premios no Desfile de Comparsas do Entroido

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss