Vía Romana, recoñecida como Mellor Destino Enoturístico de Galicia

A adega de Chantada destaca pola integración do viñedo heroico, a autenticidade da experiencia e o seu papel na proxección da Ribeira Sacra. Foto GPMR.

Vía Romana acaba de sumar un novo recoñecemento ao ser distinguida como Mellor Destino Enoturístico de Galicia na guía Galicia Report Top 100 2026 do Master of Wine Tim Atkin, elaborada pola xornalista e experta internacional Beth Willard. O premio, Wine Tourism Award – Vía Romana, D.O. Ribeira Sacra, sitúa o proxecto chantadino entre as experiencias máis destacadas do panorama vitivinícola galego, valorando a súa aposta por un enoturismo que combina paisaxe, tradición e unha relación pausada co territorio.
A visita de Willard á adega permitiulle coñecer de o enfoque que define a proposta: un enoturismo “sen présas”, centrado en comprender o viñedo heroico e a viticultura manual que caracteriza a Ribeira Sacra. A autora da guía avaliou 429 viños de 101 adegas das denominacións de orixe do interior galego, destacando non só a calidade das elaboracións, senón tamén proxectos que contribúen a reforzar a identidade do territorio. Neste contexto, a elección de Vía Romana como mellor experiencia enoturística subliña o papel crecente que este tipo de iniciativas teñen na proxección internacional da zona.
Xunto ao galardón, varios viños da adega obtiveron puntuacións destacadas: Heroica 2020 acadou 94 puntos, mentres que diferentes referencias da liña Do Camiño e VR Barrica se situaron entre os 91 e os 93 puntos. O proxecto enoturístico de Vía Romana naceu de forma espontánea, cando veciños e visitantes comezaron a achegarse á adega para coñecer o seu labor. En 2017 profesionalizouse a actividade e, en 2023, incorporáronse percorridos polo viñedo heroico, con bancais que chegan ao 75% de pendente e que permiten comprender a dureza e o valor da viticultura manual. Na actualidade, máis de 6.000 persoas visitan cada ano a adega, que ofrece propostas que van desde rutas esenciais ata experiencias de vendima, actividades literarias ou iniciativas singulares como Noites de Méndez-Rojo.
Para Juan Luis Méndez, CEO de Vía Romana, este recoñecemento supón “unha enorme satisfacción”, xa que o enoturismo que desenvolven é “unha extensión natural de como facemos viño: sen présas, escoitando ao territorio”. A adega consolídase na Ribeira Sacra, sumando este premio ao recente galardón “Del Viajar” da revista La Alacena Roja e ampliando a súa oferta con novos espazos e actividades que reforzan a conexión entre viño, paisaxe e identidade. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Besteiro encabezará a presenza do PSdeG na mobilización pola sanidade pública en Santiago

Seguinte Nova

O PPdeG reclamará no Parlamento a dimisión de José Tomé e critica a xestión municipal en Monforte

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss