2025, cuarto ano máis cálido en Galicia nas últimas seis décadas

MeteoGalicia destaca que o ano foi “extremadamente cálido e moi húmido”, cun modelo bioxeoquímico que mellora a xestión das rías. Foto GPXG.

Galicia rexistrou en 2025 a cuarta temperatura media máis alta desde 1961, con 14,7 graos, segundo o informe anual presentado pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez. O ano caracterizouse por ser “extremadamente cálido e moi húmido”, cun xuño histórico, o máis cálido desde que se teñen datos. As máximas e mínimas superaron en media 1,1 graos os valores habituais. Dos doce meses, xaneiro e xuño foron extremadamente cálidos, mentres que marzo e setembro rexistraron temperaturas inferiores á media.
En canto ás precipitacións, a media alcanzou os 1.524 litros por metro cadrado, un 18 % por encima do habitual, polo que 2025 figura como moi húmido. Xaneiro, abril e novembro destacaron polas chuvias abondosas, mentres que xuño, xullo, agosto e outubro foron secos, e os meses restantes presentaron niveis normais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación reforzou o operativo nas estradas e mantén a alerta ante a borrasca Kristin

Seguinte Nova

Chantada, Carballedo, Quiroga e Ribas de Sil intégranse no servizo de Hospitalización a Domicilio

Últimas noticias sobre MEDIO AMBIENTE

Ir aInicio

Don't Miss